sábado, marzo 31, 2012

Poliña pinta

Esta mañan as duas primeiras bubelas Upupa epops en Torroña. Xa pola tarde saltou a sorpresa, por fin unha especie que tiña abafada dende hai mais de 20 anos a poliña pinta Porzana porzana, era a unica especie das que cria na Peninsula Iberica que me faltaba por ollar (ademais do Linius minor, que xa dou por imposible). O pasar pola ponte da Xunqueira co carro, miro un bichiño no medio do rio nunha illa de area que xa a simple vista me pareceu sospechoso, o sacar os prismaticos...BIMBO hai estaba, totalmente a descuberto e decindo "aquí estou eu".
Nin que decir que é a primeira cita para o Val Miñor, ainda que de seguro e un migrante mais ou menos regular tanto na primavera como no outono

na beira do rio con marea baixa moveuse todo o tempo a poliña, sempre a descuberto e moi confiada
as fotos son co movil a traves do teles e con bastante contraluz, ainda sí non quedaron mal de todo

No hay comentarios.: