sábado, noviembre 05, 2011

por fin chega o inverno

garza boieira

Onte nos campos arredor da miña casa apareceron 3 garzas boieiras Bubulcus ibis xa facía uns anos que non se deixaban ver polo Val estas pequenas garzas, que o contrario das garzotas Egretta garzeta gostan mais do "marisco de campo" saltóns , arañas etc que de peixes polo que sempre aparecen por estes campos e perto de gando.
No mes de outubro adicamos uns días as mariñas dende cabo Silleiro, pero isto non é o norte e a uns números moi frouxos de merdeiros, carrans e pardelas so hai que sumar como destacable (pola sua rareza) un paiño de Wilson Oceanites oceanicus moi perto da costa e abundantes manadas de golfiños comúns Delphinus delphis algunha de varios centos.

golfiño común perto das illas Cies

No hay comentarios.: