Onte e antonte estiven de visita polo Val do Tamega (Verín), o mais destacable foi comprobar que os cucos reais Clamator glandarius criaron con exito na zona de Feces, 4 xuvenis voandeiros reclamando comida as "pegas" Pica pica que como sabedes son os seus pais adoptivos. A outra cita destacable foi o descubrimento dun pequeno durmidoiro de lagarteiro cincento Elanus caeruleus en Verín con "12" exemplares.....xa temos mais que aguias reais.
Outro dato interesante foi comprobar a cria de tres especies de picanzos en menos de 500 metros, unha parella de picanzo meridional Lanius meridionalis, unha de picanzo cabecirrubio Lanius senator e unha de picanzo vermello Lanius collurio o que fai este lugar único na Galiza.
Os polos das cegoñas están xa a "punto de caramelo"
Un moucho a pleno sol e trintaetantos graos, estes de Verín......
Xoven de Lagarteiro cincento con duas novas "amigas" moi xogetonas con el.
A ducia de lagarteiros cincentos no durmidoiro, tedes que creerme que son Elanus a foto pode ser de botes de cocacola certamente
Xoven de cuco real Clamator glandarius
Outro dos xoves de cuco real Clamator glandarius
3 comentarios:
Impresionante lo de los elanios Cesar¡¡
¡¡Qué pasada!! Quizás sólo sea un dormidero postnupcial (o no, ya veremos), pero es una pasada...
Vamos poco a poco mediterranizándonos. Cómo está el patio.
Moi boas as fotos.Gustarianos saber mais de Verin
sau2
Publicar un comentario