Onte Anxo, descubriu duas escribentas das neves no alto da Grova, a primeira cita para o Val, unha mais, teño que porme con esta lista que xa ten que ir por duascentas e moito...un día destes....
dende aquí as miñas felicitacións para Anxo que non deixa de ver aves interesantes nesta pequena montaña moi ben orientada e cun cumio moi suave e chá que da estas sorpresas.
sábado, octubre 16, 2010
martes, septiembre 21, 2010
malas novas
Pois iso, malisimas novas para a lontra Lutra lutra no Val Miñor, esta mañá esta coitada estaba o carón da estrada a altura hormigones Valle Miñor en Tomadas, Gondomar.
Era un bicho enorme, o maior dos que vira nunca. O número de lontras no Val Miñor e descoñecido pero con seguridade non pasa de duas ou tres parellas con sorte, a perda de calquera individuo e importantisima e faise imprescindible a colocación de pasos subterraneos para fauna, nalgúns lugares de Val como queda tristemente demostrado.....
unha foto da coitada no arcén, case con total seguridade atropelada esta noite o cruzar a estrada.

Pola tarde un grupo de 31 garzas boeiras Bubulus ibis nas canteiras de Salvaterra do Miño, un número elevado para Galiza de esta especie escasa como invernante.

sábado, septiembre 18, 2010
migración na marisma
As rarezas quedan no norte de Galiza e aquí as mijiñas, pero non nos laiemos, estes días a marisma está moi entretida con pilros comúns, mazaricos rubios, pillaras reais, etc

mazarico rubio Limosa lapponica

mazarico rubio Limosa lapponicaAdemais, Anxo Leyenda viu estes días un papoazul Luscinia svecica na marisma da Ramallosa.
Destacar algunhas observacións do amigo Anxo Leyenda deste verán na serra da Grova:
Sen dubida o mais interesante foi un xuvenil de picanzo rubio Lanius senator o 31 de xulio (primeira cita para o Val Miñor) , xa en agosto destacar un par de tartarañas cincentas Circus pygargus, e 6 ex. xuntos de lagarteiro Falco tinnunculus. Neste mes de Setembro un falcón peregrino Falco peregrinus ou unha aguia calzada hieraetus pennatus que é tamén a primeira cita para o Val.

sábado, septiembre 04, 2010
folosa acuatica
Hoxe na ponte do camping, na marisma da Ramallosa poidemos ver unha folosa acuatica Acrocephalus paludicola e unha garza imperial Ardea purpurea.
A garza imperial e a segunda observación que se rexistra na marisma.
A garza imperial e a segunda observación que se rexistra na marisma.
viernes, septiembre 03, 2010
Morinellus na Grova

A grova está a dar moi boas novas ornitoloxicas, como xa se podía intuir moitos lugares da Galiza poden ser bos para a observación dasta fermosa ave, é un deles é claramente esta serra o carón do mar de 650 de alto e cunhas boas chaias no cumio
Adolfo, que xa viña fai meses decindo que os buscaría este paso, non tardou en atopalos. Tres exemplares de Charadrius morinellus xuvenis. nesta foto podedes ver os tres moi confiados, non chegamos a levantalos a pesares da proximidadehoxe eran xa 8 exemplares, no que se non me trabuco e o maior bando ollado en Galiza
que será o seguinte que atope Adolfo na Grova?? noraboa colega
Gaivotón xuvenil nas Estelas
O día 18 de Agosto disfrutamos da presenza deste xuvenil de gaivotón Larus marinus na illa de fora das Estelas. A ave xa completamente emplumada ainda non tiña destreza no voo é se ven podería ter vido dende ven lonxe, non e de tolos pensar que podería ser dunha parella dos arredores ven sexa Cies ou as mesmas Estelas. O próximo ano terei que andar atento na primavera para tentar confirmar o que sería unha gran noticia, a cria dalgunha parella polos arredores do val ou no mesmo Val Miñor......
rubiá 2010
Como todos os años cando as cererixas maduran ala que se van os xeitosinhos a papatoria a disfrutar un par de días do paraiso galego
as paisaxes de Rubía son incribles, ogalla non as escarallemos nunca
A primeira hora da mañan fomos a procura da escasisima Maculinea arión que ten en Rubía un dos últimos reductos da Galiza. Unha bolboreta cunha historia vital do mais curioso xa que as larvas son criadas todo o inverno polas formigas que coidan dela como se fose unha mais do formigueiro para fuxir o día que nace antes de que estas se den conta do engano e a ataquen
tamén ollamos a aguia real Aquila crysaetus
Nada menos que un bando de 18 voitres leonados Gyps fulvus e 1 voitre negro Aegypius monachus
martes, junio 15, 2010
Poucas novidades no val como se pode comprobar na falta de entradas novas ultimamente, o mais destacable é unha parella de xilgaros Carduelis carduelis que están a criar nun parque de Nigrán ( fai mais de 20 anos que non os miraba criar no Val) . Constatar a abundacia crecente de andurinhas dauricas Hirundo daurica das que vexo algunha case a diario na minha casa. e case en cada ponte do Val. Seguen a criar os cirrios reais en Monteferro e a parella de andoriñas dos penedos Ptyonoprogne rupestris nunha ponte da autoestrada en nigrán.
Nestas últimas semans estou a ver algún miñato queimado Milvus migrans en Salceda, Tomiño ou Tui, en pouco tempo estaran asentados no Val.
Nestas últimas semans estou a ver algún miñato queimado Milvus migrans en Salceda, Tomiño ou Tui, en pouco tempo estaran asentados no Val.
miércoles, abril 28, 2010
primavera en Verín
Coma sempre expectacular o val de Verín, no que destacaban os primeiros picanzos rubios Lanius senator, papafigos Oriolus oriolus, escribentas hortelás Emberiza hortulana, tartarañas cincentas Circus pygargus, tartarañas das xunqueiras Circus aeroginosus entre outras. Unha explosión de volvoretas e flores como en poucos locais de Galiza se pode ollar, un placer para os sentidos.

Moito picanzo meridional Lanius meridionalis no val este ano
Un dos picanzos rubios Lanius senator da tarde, unha foto pouco natural, cercado e muro de fondo :-(
Pousando para o fotografo, este macho de tartaraña cincenta Circus pygargus estivo toda a tarde voando coa parella e realizando os típicos vos de cortexo
domingo, abril 18, 2010
Duas especies novas para o Val
Fai tempo que non subo novas o blog, así que aquí van unhas cantas xuntas.
O primeiro as novas destes dias na serra da Grova, nada menos que sete merlos papobrancos Turdus torquatus, especie nova para o Val Miñor e penso que o segundo grupo mais grande avistado na Galiza, pero non era única especie nova para o Val, dous días despois o bo amigo Adolfo Lomeña que xa descubrira os merlos, viu un miñato queimado Milvus migrans tamen na zona da Grova, concretamente na serra do Argallo. Estes días a Grova deixaba ver un bo número de pedreiros cincentos Oenanthe oenanthe, non menos de oito ou nove aves, machos e femias. Tamén un par de anduriñas dauricas Hirundo daurica. As dauricas por certo están a criar "na casa da miña tia" en Nigrán, quen o iva decir hai so uns anos.

Hai xa un mes, en Valença do Minho e mais no estiro do Miño (A Guarda) apareceron dous e un exemplares respectivamente de lagarteiro cincento Elanus caeruleus, unha especie moi rara na Galiza da que hai so dous anos que se confirmou a cria no noso pais e que está en clara expansión. Para cando un polo Val Miñor??

Lagarteiro cincento no alto dun carballo en Valença do Minho

Por último decir que Adolfo Lomeña (autor de toda-las fotos deste post) descubriu a escribenta pigmea Emberiza pigmea que tedes na foto de enrriba o pasado mes de febreiro no carrizal de Caminha (Portugal) ainda que non deixa de ser a marxe sur do esteiro do Miño. Parabens pola cita Adolfo

jueves, marzo 25, 2010
primeiras chegadas
Despois da chegada a primeiros de mes das andoriñas comuns e mesmo as dauricas a pasada semán no noso val, onte puiden pasar un par de horiñas polo Val de Verín onde xa se nota unha incipiente primavera con elanios, cobreiras, miñatos queimados, papuxa carrasqueira, bubelas, cucos e mesmo cucos reais xa montando o barrullo típico da época
miércoles, diciembre 30, 2009
Rematando o ano
O día 8 de nadal, Jose Crespo ollou unha femia/inmaduro de puntumeiro de ala branca Melanitta fusca xunto a 30 pentumeiros Melanitta nigra. Non se relocalizou e de feito os poucos días os pentumeiros descenderon en número ate os 6-8 destes días. Facía xa uns anos que non aparecía esta especie na baía de Baiona/Nigrán.
Por outra banda Anxo Leyenda envioume estes días unhas observacións moi interesantes;
día 25.12.09:
Unha cita invernal de papoazul Luscinia svecica na marisma da Ramallosa, o que sería a primeira cita de invernada no Val e unha das poucas de Galiza.
Por outra banda no alto da Grova destacan as observación de pildora dourada Pluvialis apricaria, esmerillón Falco columbarius (segunda cita para o Val), falcón peregrino Falco peregrinus e picanzo meridional Lanius meridionalis. Dende aquí quero darlle as grazas polas citas.
Hoxe nunha visita polas praias do Val e a marisma so destacar 21 pillaras das dunas Charadrius alexandrinus en Arealoura, 176 Patos reais Anas platyrhynchos na marisma que supón o record para a especie dende os anos 90 en que apareceran os primeiros, despois da prohibición de cazar na marisma.
xa de volta a casa, nun prado cercano una gaivota cana Larus canus de 1º inverno, que é a primeira deste inverno.

Algúnha das pillaras reais Charadrius hiaticula xa nunha plumaxe case nupcial

gaivota cana Larus canus perto da ponte medieval de Ramallosa
jueves, diciembre 24, 2009
A única novidade salientable na Marisma é este cullareiro, Platalea leucorodia que esperemos que pase unha parte do inverno entre nos

poucas pillaras reais Charadrius hiaticula este ano, non contei mais de 34 , aprox. a metade que anos anteriores
na marisma unha ducia de carráns patinegros Sterna sanvicensis
44 pildoras cincentas Pluvialis squatarola o que supon un pequeno aumento de cifras respecto outros anos
Gaivota cabecinegra Larus melanocephalus adulta que xa é unha especie mais do Val, que anos aqueles en que mirar unha era un acontecemento...

Dous mazaricos rubios Limosa lapponica moi escaso no inverno no Val

Outra das sorpresas destes días foi unha gaivota pequena Larus minutus no porto de Baiona
Este "bicho" estaba pousado na marisma por ver se era quen de meterlle o pico a algún coitado

moito frio, moita chuvia e poucos paxaros, a verdade é que teño pouco tempo pra sair o campo pero cando dou saido, poucas alegrias levo, e o que hai..
poucas pillaras reais Charadrius hiaticula este ano, non contei mais de 34 , aprox. a metade que anos anteriores
na marisma unha ducia de carráns patinegros Sterna sanvicensis
44 pildoras cincentas Pluvialis squatarola o que supon un pequeno aumento de cifras respecto outros anos
Gaivota cabecinegra Larus melanocephalus adulta que xa é unha especie mais do Val, que anos aqueles en que mirar unha era un acontecemento...
impresionante gaivotón de 1º inv. Larus marinus na marisma
Dous mazaricos rubios Limosa lapponica moi escaso no inverno no Val
Outra das sorpresas destes días foi unha gaivota pequena Larus minutus no porto de Baiona
Este "bicho" estaba pousado na marisma por ver se era quen de meterlle o pico a algún coitado
Suscribirse a:
Entradas (Atom)